Aberto o prazo de solicitude de axudas para a compra de libros e material escolar

comprar libros volta ao cole
aberto o prazo para a solicitude de axudas para a compra de libros e material escolar.

Xa está aberto o prazo para a presentación de instancias para a axuda da compra de libros e material para escolares que cursen segundo ciclo de Educación Infantil dentro de provincia.

É o momento de voltar ás clases e con iso chega este anos a apertura do prazo pasa a solicitude de axudas. Reumímosvos a continuación os requisitos, prazos e documentación necesaria. A máxima contía a subvencionar é de 145€.

 

REQUISITOS:
-Estar empadroados no Concello de San Cibrao das Viñas (polo menos o pai, nai ou titor do neno cunha antigüidade dun ano á convocatoria da axuda).

-Ter presentadas as solicitudes e a documentación requirida.

-Renta anual das familias ás que se lles conceda a axuda, non poderá exceder duns ingresos netos de 6.300€ por membro familiar ao ano. Computaranse como membros todas as persoas que convivan no mesmo enderezo familiar.

- O pago dos impostos municipais así como a certificación do núcleo de convivencia será comprobado de oficio polo Concello.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR.

-Solicitude da axuda preferiblemente por vía electrónica na súa sede electrónica.

-Factura orixinal detallada da compra e titular da mesma, pai/nai ou titor do solicitante.

-Listado de libros e material escolar indicado polo colexio.

-Copia do Libro de Familia.

-Copia do D.N.I. non caducado do solicitante.

-Xustificación de ingresos de todos os membros que vivan no mesmo domicilio.

-Vida laboral dos maiores de 18 anos.

-Copia da última declaración da Renda e de Patrimonio ou documento acreditativo de non estar obrigado a presentala (certificado de imputacións) referida o ano 2020, ou certificación da Empresa dos ingresos obtidos durante 2020 de tódolos membros que traballen, convivan na vivenda e non teñan obriga de presentar a declaración da Renda (base impoñible xeral e base impoñible do aforro).

-Para familias en paro: certificación do INEM da contía percibida durante 2020 ou ben certificación de non ter percibido prestación.

-Si conviven persoas pensionistas na vivenda, certificado da Seguridade Social da contía da pensión ou certificado negativo do mesmo organismo no seu caso.

-Outras prestacións: RISGA, PNC, IMV, Prestación por fillo a cargo, manutencións pensións compensatorias, de orfandade certificación do organismo correspondente.

-Certificado ou informe do centro onde o alumno/a realice estudos no que se especifique o curso no que está matriculado/a.

-No caso de separación ou divorcio, documentación que o acredite.

-No caso de non percibir pensión alimenticia ou compensatoria, presentarase fotocopia da denuncia de incumprimento destas obrigas.

-Certificado de acollemento familiar remunerado, no seu caso.

-Os estranxeiros deberán presentar un informe dos ingresos obtidos no ano 2020 no país correspondente mediante documento oficial.

 

PRAZO:

Ata o 30 de Setembro de 2021.