Entrega de premios aos gañadores do XIII Concurso de Fotografía de Nadal

O concello de San Cibrao das Viñas celebrou a entrega de premios dunha nova edición do XIII Concurso de Fotografía de Nadal, unha iniciativa que un ano máis contou cunha gran participación e cun alto nivel creativo.

O xurado valorou especialmente a creatividade, a orixinalidade, a calidade fotográfica e a capacidade de captar o espírito do Nadal no noso concello.

🏆 Entregáronse premios nas modalidades adulta e infantil, recoñecendo o talento e a ilusión de todas as persoas participantes.

✨ Dende o Concello queremos agradecer a implicación da veciñanza e dar os parabéns ás persoas premiadas por reflectir, a través das súas imaxes, a maxia do Nadal en San Cibrao das Viñas. 📸🎄