Entrega de agasallos das mans dos Elfos de Papa Noel

Recordarlle a todos os veciños que inscribiron os seus nenos para a Campaña de Nadal, que os Elfos de Papa Noel xa teñen os listados.

Os nenos deberán acudir a recoller o seu agasallo o vindeiro sábado 19 de decembro.

Deberán presentar o tiquet expedido polo Concello para poder entregárselle o agasallo correspondente.

Os nenos de San Cibrao das Viñas, Farixa e Rante deberán acudir á Casa do Concello entre as 15:30 horas e 19:30 horas.

Os nenos da Urbanización Vistas de Ourense, Urbanización Gonoba, Urbanización El Madrigal e O Piñeiral deberán acudir ó local Social do Piñeiral entre as 15:30 horas e 19:30 horas.

Os nenos da Parroquia de Soutopenedo e Parroquia de Santa Comba de Gargantos deberán acudir á Escola de Soutopenedo entre as 15:30 horas e 19:30 horas.

Os nenos de Cumial, Reboredo, Ponte Noalla, Noalla, Santa Marta e Castroverde deberán acudir ó local Social de Ponte Noalla entre as 15:30 horas e 19:30 horas.

Os nenos de Santa Cruz, Mioteira, Carballeira, Calvos, A Castellana e Valiñas deberán acudir ó local Social de Santa Cruz entre as 11:00 horas e 13:00 horas.

Os nenos de Picouto, Belmonte, Pazos de San Clodio, Muiños e A Zamorana deberán acudir ó local Social de Picouto entre as 15:30 horas e 19:30 horas.