Xornadas "Cociña Pequecibrao"

xornadas de cociña pequecibrao

O Concello de San Cibrao das Viñas organiza as xornadas "Cociña Pequecibrao" que se celebran o 1 e 2 de xullo na Escola de Hostalería, dependendo do número de inscricións.

Estas xornadas están dirixidas a nenos de 6 a 12 anos empadroados eles ou os seus pais no Concello. (Nacemento entre 2009 e 2015).

As inscricións no Concello serán do 16 ao 23 de xuño.

Saída en bus dende a praza do Concello ás 9.30 horas e regreso ás 18:15 horas.

• As prazas serán limitadas.
• No momento da inscrición só se poderán anotar 2 nenos, salvo que existan máis nenos no núcleo familiar.
• Debido a situación derivada da COVID-19, a xornada/s poden sufrir modificacións.
• A actividade só se levará a cabo se se reúne un mínimo de participantes.