Este centro deportivo foi inaugurado o 27 de xaneiro de 2017 e está situado en Ponte Noalla.

Acceso a aplicación de reservas

Aquí podes reservar a tua praza para acceder os ximnasios municipais

Instalacións

As modernas instalacións climatizadas, contan con espazo de cafetería con vending, sala de ximnasiosala de usos colectivos, así como vestiarios, e servizos de wifi en todo o recinto.

Dirección / Contacto

Rúa Peipaz nº6 32915 – A Pontenoalla – San Cibrao das Viñas Ourense

Tlfn: 988 060 498 / 608 275 776

Email: juan.otero@sancibrao.es

O Ximnasio

ximnasio consta de una sala de 250 m2, con máquinas de exercicio aeróbico con servicio de Internet e TV, así como zona de peso libre e numerosas máquinas de musculación, dispón de monitor deportivo que se encarga de supervisar o correcto funcionamento, así como aconsellar e instruír os nosos deportistas veciños.

Horario

De luns a venres de 9:00 a 15:00 e de 16:00 a 22:00 a causa do COVID-19

Sala de Clases Colectivas

A sala de clases colectivas, de 110 m2, está preparada para todo tipo de exercicios en grupo.

Sala de Ciclo Indoor

A sala de ciclo indoor, de 45 m2, totalmente equipada dispón de 19 bicicletas de spinning.

Servizos tempada 2020/2021 (a partir do 1 de outubro)

  • Tonificación
    Buscamos a firmeza e o tono muscular, traballando tódolos grupos musculares, combinando traballo
    cardiovascular con pesas e diversos materiais de adestramento.

    Horario martes e xoves de 10:00 a 11:00 e xoves de 20:00 a 21:00. 
  • Zumba
    Divertida forma de manter o corpo saudable, fortalecelos músculos e dotar de maior flexibilidade ó corpo
    a través de movementos de baile combinado con rutinas de exercicios aeróbicos.

    Horario luns e mercores de 10:00 a 11:00 e de 21:00 a 22:00.
  • Pilates
    Reforza e tonifica os músculos, mellora a mobilidade das articulacións, achega flexibilidade e equilibrio,
    traballa o corpo desde a musculatura máis profunda ata a mais periférica, e interveñen tanto a mente
    como o corpo. Os seus principios básicos son: – Respiración – Fluidez – Precisión -Control – Aliñación.

    Horario luns e mercores de 20:00 a 21:00.
  • G.A.P
    Clase de tonificación muscular cunha orientación específica cara ó traballo de glúteos, abdominais e pernas.
    Recomendado para todas aquelas persoas que buscan un traballo máis específico nestas zonas musculares.Horario martes de 20:00 a 21:00.
  • Spinning
    Clase de acondicionamento físico que se fundamenta no desenvolvemento de traballo cardiovascular
    a través dunha bicicleta estática, sendo dirixida por un instrutor.Horario martes e xoves de 21:00 a 22:00.

Prezos tempada 2019/2020 (a partir do 1 de setembro)

Ximnasio supervisado polo monitor para uso das instalacións de Ponte Noalla e o Polideportivo, prezo para empadroados de 10 euros por mes, e 15 euros por mes para non empadroados.