Normativa
Orde SCB/926/2018, de 10 de setembro, pola que se regula o Programa de Turismo do Instituto de Maiores e Servizos Sociais. (BOE nº 221 do 12/9/2018)
Resolución do 17 de xuño de 2021, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para persoas maiores que desexen participar no Programa de Turismo. (BOE nº 155 do 30/6/2021)
Información na web do IMSERSO |Preguntas frecuentes sobre el Programa de Turismo 2021-202
Convócanse 816.029 prazas para participar no Programa de Turismo, a desenvolver nas quendas e destinos que se relacionan no anexo I desta resolución.
O Programa desenvolverase por quendas que agrupen ás persoas usuarias co mesmo orixe, destino e datas.
As quendas, que poderán ter unha duración desde 4 días (3 pernoitas) ata 10 días (9 pernoitas), realizaranse en réxime de pensión completa, excepto nas viaxes a capitais de provincia cuxo réxime será de media pensión.
As quendas do programa iniciaranse durante o período comprendido entre o mes de outubro de 2021 e o mes de xuño de 2022.
Solicitantes
a) Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
- Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
- Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
- Deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
b) Os españois residentes no estranxeiro sempre que reúnan os requisitos esixidos no apartado a) anterior.
c) Os españois de orixe emigrantes que retornasen a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de seguridade social do país ou países aos que emigrasen.
Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión.
Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel ou, no seu caso, abonen o suplemento establecido para cuartos individuales que estará suxeito á dispoñibilidade de prazas.
As persoas usuarias de prazas e os seus acompañantes, excepto os fillos, deben valerse por si mesmas para realizar as actividades básicas da vida diaria.
Modalidades
- Zona Costeira Peninsular: estadías en zonas de Costa Peninsular de 10 e 8 días en Andalucía, Murcia, Comunitat Valenciana e Cataluña.
- Zona Costeira Insular: estadías de 10 e 8 días en zonas de Costa Insular (Canarias e Illes Balears).
- Turismo de Interior, coas seguintes actividades: con estancias de 4, 5 e 6 días, cos seguintes tipos de viaxes:
- Circuitos Culturais.
- Turismo de Natureza.
- Viaxes a Capitais de Provincia.
- Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.
Servizos incluídos
- Transporte ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte e viaxes a capitais de provincia.
- Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
- Servizo médico, complementario ao da Seguridade Social, no propio hotel.
- Programa de animación
- Póliza colectiva de seguros
Nas viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación.
As viaxes a capitais de provincia serán en réxime de media pensión e sen transporte.
Prezos por persoa das diferentes quendas
Dependendo do destino e duración da viaxe, os prezos das prazas son os que figuran no anexo I da resolución.
Reservarase o 1% das prazas para as persoas con recursos económicos iguais ou inferiores ao importe das PNCs que alcanzasen maior puntuación nos criterios de valoración, e redúcese o prezo fixado no anexo I nun 50 por cento.
En concepto de reserva de praza abonarase unha cantidade máxima do 20% do prezo da praza. A totalidade do prezo da praza abonarase 45 días antes do comezo da viaxe.
No caso das quendas que comecen nos meses de outubro e de novembro, cando o tempo que transcorra desde a reserva de viaxe á data de saída do mesmo sexa inferior a 45 días, deberase facer efectivo a totalidade do pago da viaxe no momento da reserva.
Prezos para a tempada 2021/2022:
8 días (7 noites) | 10 días (9 noites) | ||||||
Destinos | |||||||
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana | 212,96 € | 269,83 € | |||||
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana (sen transporte) | 196,02 € | 235,95 € | |||||
Baleares | 248,96 € | 308,37 € | |||||
Baleares (sen transporte) | 195,78 € | 236,07 € | |||||
Canarias | 330,51 € | 405,53 € | |||||
Canarias (sen transporte) | 195,72 € | 235,95 € | |||||
Circuitos culturais (6d/5n) | 272,71 € | ||||||
Turismo Natureza (5d/4n)
Capitais Provincia (4d/3n) Ceuta ou Melilla (5d/4n) |
266,81 €
115,98 € 266,81 € |
Estes prezos inclúen o aloxamento en pensión completa e en cuarto dobre a compartir.
No caso de aloxamento en cuarto individual estes prezos teñen un incremento de 20 € por noite para os destinos de Illes Baleares e costa peninsular, 23 € por noite para Canarias e 25 € para Turismo Interior.
Pensión completa agás en viaxes a capitais de provincia que será en réxime de media pensión.
As quendas de Nadal e Fin de ano teñen un suplemento de 20 € por cada comida ou cena de gala (cenas de gala 24 e 31 de decembro. Comidas de gala 25 decembro e 1 xaneiro)
Solicitude de praza
- Non será necesario que as persoas acreditadas para viaxar en tempadas anteriores, cumprimenten nova solicitude, xa que recibirán un documento no que figuran os datos persoais e de preferencia de destino e que, só no caso de que queiran modificar algún deses datos, deberán devolver ao Imserso nun prazo que finaliza o 30 de xullo de 2021.
- Se accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude.
- Recoméndase realizar a solicitude "en liña" xa que o proceso é moito máis rápido e permite estar acreditado case de maneira inmediata.
A solicitude servirá para obter a sua acreditación que lle permitirá acceder ás prazas do Programa e incluílo na Base de Datos de Acreditados onde permanecerá de maneira permanente ata que comunique o contrario ao IMSERSO
Unha vez procesadas todas as solicitudes recibidas no prazo sinalado, o Imserso acreditará a tantos usuarios como prazas dispoñibles existan, e procederase, en caso necesario, a aplicar a baremación correspondente, relativa a idade, ingresos e viaxes realizadas con anterioridade.
No mes de setembro de 2021 todas as persoas solicitantes recibirán unha notificación na que se lles indicará:
- Data na que poden obter os billetes, con garantía de praza, debendo elixir a súa viaxe dentro das dispoñibilidades existentes.
- Para aqueles que unha vez baremados non teñan garantía de praza, notificaráselles a data a partir da cal poderán dirixirse á Axencia de Viaxes por se houbese vacantes para calquera dos destinos ou datas.
Documentación:
- Solicitud telemática. Consulta de trámites
- Preguntas frecuentes sobre el Programa de Turismo 2021-2022
Esta solicitude serve para obter a resolución que acredita a condición de persoa beneficiaria do Programa de Turismo, e que permitirá acceder ás prazas convocadas.
Continúa aberta a renovación de datos para a participación na tempada 2021-2022 daquelas persoas xa acreditadas no programa de turismo; se estes datos non son correctos ou cambiaron, o cambio dos datos poderase realizar directamente pola persoa interesada a través dos servizos electrónicos que presta a Sede electrónica do Imserso, empregando para iso o número de referencia que aparece na carta de renovación, que proximamente recibirán nos seus domicilios, ou a través do sistema de identificación dixital Cl@ve.
As persoas acreditadas polo Imserso en tempadas anteriores e as que obteñan acreditación nesta convocatoria, unha vez comprobado que reúnen os requisitos, serán baremadas mediante a aplicación dos criterios de valoración.
Será posible viaxar con outra persoa que vaia a presentar a súa solicitude na mesma provincia, cando sexan iguais os destinos elixidos e a orde de prioridade das prazas solicitadas. Esta vinculación reflectirase en ambas as solicitudes.
Criterios de valoración
- Idade da/do solicitante (no caso de matrimonio aplicarase a media)
- Situación de discapacidade
- Situación económica
- Participación no programa en anos anteriores
- Condición de familia numerosa.
Lugar de presentación
- A través da Sede Electrónica do Imserso
- Servizos Sociais Comunitarios
- Servizos Centrais do IMSERSO (Avda. de la Ilustración, s/n c/v c/ Xinzo de Limia, 58. 28029 Madrid)
- No Apartado de Correos 10.140, 28080 MADRID.
- En calquera das formas previstas no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de octubre, do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Publicas
- As solicitudes das persoas residentes en Alemaña, Andorra, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Holanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suíza, poderanse tramitar nas correspondentes Consellerías de Traballo, Migracións e Seguridade Socia
Máis información
- No teléfono 901 109 899 IMSERSO. De luns a venres de 9 a 18 horas.
- Por medio da caixa de correo electrónico do Programa de Turismo do Imserso ou a través do formulario de contacto, pódese solicitar información ou facer chegar consultas.
Prazo de presentación
Desde o xoves 1 de xullo de 2021 e ata o venres 30 de xullo de 2021 -ambos os días inclusive-, permanecerá aberto un único período de presentación de novas solicitudes de participación neste Programa para a tempada 2021-2022.