Comunícase a todos/as interesados/as que dende o día 1 ao 22 de abril de 2024 está aberto o prazo para formalizar a solicitude de praza para o curso 2024/2025 para todos os nenos e nenas que desexen solicitar por primeira vez unha praza na Escola Infantil Municipal de San Cibrao das Viñas.
A solicitude poderá formalizarse a través de internet na oficina virtual do Concello, utilizando o trámite "Solicitude de praza de novo ingreso á escola infantil municipal de San Cibrao Curso 2024-2025" e tamén se poderán dirixir as oficinas municipais para máis información.
As listas provisionais así como as definitivas faranse públicas, sempre que sexa posible, durante o mes de maio, na sede electrónica do Concello, na páxina web, no taboleiro de novas e na Escola Infantil Municipal.