Reparto de máscaras de protección contra o COVID-19

Ante a dificultade para adquirir este producto, o Concello de San Cibrao das Viñas pon a disposición dos seus veciños en situación de risco a posibilidade de recibir as máscaras de protección no seu domicilio.

Será preciso cumprir algún dos seguientes requisitos:

  • Ter 65 ou mais anos.
  • Ter patoloxías anteriores tales como enfermidades cardiovasculares, diabetes, enfermidades pulmonariaes, hipertensión ou cancro.
  • Estar embarazada.

 

Dada a falta de máscaras no mercado Só se entregarán a persoas empadroadas neste Concello.

 

Para poder recibir as máscaras pode chamar o número de teléfono 608275776 de luns a venres de 9:00 horas a 14:00 horas indicando nome e apelidos e dirección.

 

No momento da entrega será obligatorio ensinar DNI e informe (se fora necesario) de patoloxías.