Comezaron os traballos nos polígonos de San Cibrao, polígono de Barreiros e as vías principais do Concello para a renovación de 1499 puntos de luz e cambialos por Tecnoloxía LED de Alta Eficiencia. Tamén se renovarán 29 cadros de alumbrado e se fará o saneamento da rede eléctrica.
A finalidade é conseguir un aforro enerxético do 75%.
Está previsto rematar esta primeira fase no mes de marzo e a continuación comezar co cambio de alumbrado público nos direrentes pobos de municipio.