Renovación alumeado municipal. Aforro enerxético.

Comezaron os traballos para a renovación de 1499 puntos de luz e cambialos por  Tecnoloxía LED de Alta Eficiencia. Tamén se renovarán 29 cadros de alumeado público e levarase a cabo o saneamento da rede eléctrico. Terá como finalidade acadar un aforro enerxético de preto 1.008.000 kWh/ano, o que supón un aforro do 75%.

Traballos de substitución de luminarias na estrada N-525.
Comezaron os traballos no Polígono de San Cibrao, no Polígono de Barreiros e as vías principais do concello de San Cibrao das Viñas para a renovación de 1499 puntos de luz e cambialos por novos focos con Tecnoloxía LED de Alta Eficiencia. Con esta actuación, tamén se renovarán 29 cadros de alumeado público ao longo do territorio municipal. Así mesmo, e aproveitando estas actuacións, levarase a cabo o saneamento da rede eléctrica.
 
Dende o concello de San Cibrao das Viñas, mantemos o compromiso dos obxectivos de desenrolo sostible enmarcados dentro da Axenda 2030, en cuestións chave como o aforro enerxético e cidades sostibles.
 
Todas estas actuacións que se levaran a cabo en varias fases, teñen como finalidade acadar un aforro enerxético de preto 1.008.000 kWh/ano, o que supón unha porcentaxe do 75% de reducción do consumo actual.
 
Está previsto rematar esta primeira fase no mes de marzo e a continuación comezar co cambio de alumeado público nas diferentes parroquias do municipio, ata completar a totalidade do noso Concello.