Este ano Papá Noel visitará o noso Concello o día 18 de decembro e coa fin de evitar aglomeracións de persoas, debido a situación actual provocada pola COVID-19, no momento da formalización da inscrición, daráselle a información relativa a hora e lugar no que cada neno/a poderá pasar a recoller o seu agasallo.
Requisitos para anotarse
- Ter entre 0 e 10 anos de idade
- Estar empadroados os nenos/as ou algún dos pais
- Achegar FOTOCOPIA do libro de familia ou D.N.I do neno/a (no caso de non atoparse estes empadroados).
Prazo e lugar de inscrición
No Concello do día 30 de setembro ao 15 de outubro de 2021.
Só se entregarán os agasallos aos nenos/as que acudan ese día, sendo obrigatorio acudir con máscara e na medida do posible cun acompañante por menor. A entrega poderá sufrir modificacións por mor da COVID-19, situación esta que, de producirse, se comunicará a través dos medios oportunos.