O novo alumeado led suporá ata un 75% de aforro enerxético

instalación de iluminación LED en San Cibrao das Viñas
Aprobado proxecto para a instalación de iluminación LED no Concello de San Cibrao das Viñas que suporá un aforró enerxético do 75%
  • Conta cunha inversión de máis de 2,2 millóns de euros, obtendo unha financiación do IDAE do 80% dos proxectos tramitada polo equipo de goberno municipal.
  • Trátase de dous proxectos correspondentes aos distintos núcleos de poboación do municipio e ás vías principais e polígonos de S. Cibrao e Barreiros.
  • Este proxecto supón melloras tales como o alumeado específico de pasos de peóns, tramos do Camiño de Santiago, elementos patrimoniais, reforzo lumínico de centros sociais, entre outros.

O concello de San Cibrao das Viñas ven de mudar o alumeado público de todo o municipio o que suporá un aforro enerxético de ata un 75% do consumo actual. Ésta iniciativa abrangue dous proxectos que contan cunha inversión de 2.203.391,02€, repartidos por unha banda en 773.520,70€ e o outro de 1.429.870,32€, o que indica a envergadura dos mesmos. Así mesmo, o órgano de goberno do ente municipal, xestionou de maneira satisfactoria a subvención dos mesmos co IDAE - Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía, que supón unha aportación do 80% de ambos proxectos, ingresando nas arcas municipais preto de 1,8 millóns de euros destinados a estes proxectos.

Por unha banda, nun primeiro proxecto, que corresponde ao Polígono de San Cibrao, Polígono de Barreiros e as vías principais do Concello renováronse ao redor de 1.500 puntos de luz actualizándoos á última tecnoloxía led de Alta Eficiencia. Así mesmo, mudáronse os correspondentes 29 cadros de alumeado, saneamento das redes eléctricas, Ferraxes e outro equipamento municipal, co que se prevé un moi considerable aforro enerxético do 75%, o que ven sendo uns 1.008.000 kWh/ano.

Neste primeiro proxecto, incorporáronse distintas melloras no ámbito do mesmo, como son:
Melloras na iluminación dos pasos de peóns.
Sinalización vertical luminosa dos tramos do Camiño de Santiago.
Instalación de radares pedagóxicos.
Esta obra de substitución do alumeado dos polígonos, estará rematada durante este mes de marzo.

Por outro lado, como segunda parte desta iniciativa, o venres 26 de Febreiro, adxudicouse en Xunta de goberno local, o alumeado público exterior dos distintos núcleos de poboación de San Cibrao das Viñas. En total, renovaranse 2.301 puntos de luz, 75 cadros eléctricos e levarase a cabo o saneamento das redes eléctricas, ferraxes, postas a terra, etc.

O proceso de implementación terá lugar en función da implantación do sistema de distribución eléctrica, o proceso consta de catro lotes neste caso, repartidos do seguinte xeito:
Lote 1: poboacións de Santa Cruz e San Clodio
Lote 2: poboacións de Noalla e Rante
Lote 3: poboacións de Soutopenedo
Lote 4: poboacións de Gargantós e San Cibrao das Viñas.

Este proxecto, contará cun prazo de execución de 5 meses e medio dende a sinatura do contrato, e conlevará un aforro enerxético do 70%, pasando de 871.787 kWh/ano actualmente a 255.697 kWh/ano coa nova instalación led, en total 616.090 kWh/ano menos; esto suporá un verdadeiro reto e unha mellora máis nas instalación municipais, así como na comodidade, seguridade e implementación de novos servizos para a veciñanza, ao mesmo tempo que se reduce considerablemente o gasto enerxético, económico e a pegada de carbono.

Neste caso, o importe total da obra ascende a 1.429.870,32€, contando tamén cunha subvención do IDAE de 1.143.896€, xestionada e obtida polo equipo de goberno do Concello de San Cibrao das Viñas, qué aportará o 20% restante desta obra.