Ás 18.00 horas: Inauguración do campo de fútbol de Soutopenedo.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na inauguración do novo campo de fútbol de Soutopenedo, no Concello de San Cibrao das Viñas, acompañado polo Alcalde Pedro Fernández Moreiras e o resto da Corporación Municipal. Tamén asiste Raúl Rois (Deledago da Federación de Futbol en Ourense), Manuel Pérez González (Deportes da Xunta de Galicia) entre outras autoriades.
Acaban de ser oficialmente inauguradas as novas instalacións do campo de fútbol de Soutopenedo que conta cun novo céspede artificial.
Ó acto de inauguración, que foi presidido polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, tamén asistiron o delegado en Ourense da Federación Galega de Fútbol, Raul Rois, e o delegado da Xunta para o Deporte Provincial, Manuel Pérez González, entre outras autoridades, que acompañaron á corporación municipal.
Este proxecto supuxo unha inversión de 308.000 euros, sendo a aportación da Deputación de Ournse de 150.000 euros por medio dun convenio de colaboración.
Con este renovado campo, o equipo vai tentar retomar a escola de fútbol, os equipos xuvenís, e atraer de novo o talento local.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso que os nosos usuarios fan da web. Podes obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración, na nosa Política de Cookies.