📣 O concello de San Cibrao das Viñas programa unha actividade moi especial para as rapazas e rapaces do Concello. Imos facer unha excursión á Pontenova, en Lugo.
ESTÁS INTERESADO?
✏ REQUISITOS:
🗓 9 de abril.
Dirixida a rapaces de 6 a 16 anos empadroados eles ou os seus pais.
🎒 ACTIVIDADES
A actividade inclúe:
- Un roteiro de sendeirismo guiado.
- Incursión a nivel cero na Mina Consuelo.
- Descenso en tirolina.
⏰ PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN
✏ Na Biblioteca Municipal de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 horas.
Aberto o prazo dende este xoves 24 de marzo ata cubrir as prazas.
As prazas son limitadas.
Esperámoste!