O Concello de San Cibrao das Viñas organiza unha excursión ás Rías Baixas dos días 30 de setembro ao 2 de outubro. Queres asistir?
O prezo será de 150 € por persoa nunha habitación dobre e pensión completa. Para obter unha habitación individual, a cuantía é de 175 €.
Os cartos deben ingresarse nun número de conta que se lle facilita con posterioridade á inscrición, sendo necesario formalizar o pago no momento en que se lle requira por parte do Concello para facer firme a reserva.
⏰ PRAZO
Dende o día 29 de agosto ao día 12 de setembro e ata cubrir prazas poderán anotarse no Concello.
Para elo, deben estar empadroadas e ser maiores de 18 anos.
As prazas cubriranse por rigurosa orde de inscrición e cada persoa só poderá anotar a tres máis, tendo que vir provistos do DNI e da correspondente autorización.
📝 PROGRAMA
- O 30 de setembro terá lugar a saída dende a Praza do Concello de San Cibrao das Viñas ás 07:30h cara A Coruña. Farase unha parada en ruta para almorzar. Pola mañá visitaremos o Museo MEGA de Estrella Galicia. Comida en restaurante. Tras a comida iremos a Caldas de Reis onde se fará un paseo polo Parque Natural da Barosa. Traslado a Vilagarcía. Cea e aloxamento no hotel.
- O segundo día iremos ao Mosteiro de San Xoán de Poio, onde se atopa o hórreo máis grande de Galicia. Traslado a Combarro, recorrido pola Ría en catamarán con degustación de mexillóns. Comida en restaurante e tempo libre para a visita. Remataremos o día paseando pola Illa de Arousa.
- O día 2 de outubro tocará un pequeno percorrido pola Ruta da Pedra e da Auga. A continuación, visitaremos unha bodega de viño Albariño onde poderemos ver como se cultiva e se elabora. Comida en Pontevedra e visita guiada pola cidade. Rematada a visita regresaremos a San Cibrao das Viñas.