VENTO MADEIRA: FLAUTA, CLARINETE E SAXAFÓN
PERCUSIÓN
VENTO METAL: TROMPETA, TROMPA, TROMBÓN, BOMBARDINO E TUBA
MÚSICA E MOVEMENTO PARA NENOS/AS DE 4 A 6 ANOS
Todos os interesados en anotarse na escola municipal de música, deberán estar empadroados eles ou algún dos seus pais, no caso de ser menores. Para formalizar a praza, deberán achegarse ás oficinas do Concello e cumprimentar unha ficha de inscrición, xuntando necesariamente unha foto carné. As prazas son limitadas.
*O desenvolvemento das clases quedará condicionado a que se reúna o número suficiente de rapaces/as necesario para a súa correcta realización, e en todo caso, sempre que as condicións sanitarias establecidas pola Administración nese momento o permitan.