CANCELACIÓN ENTROIDO 2022:O Concello de San Cibrao das Viñas comunica a cancelación da Festa Do Entroido, programada para o próximo sábado 26 de Febreiro. Tras finalizar o prazo de inscripción para participar na actividade principal, o concurso de desfile do Entroido, e non rexistrarse a cantidade suficiente de inscripcións para o seu desenrolo, vémonos na obriga de suspendelo. Sentimos moito as molestias ocasionadas, e agardamos que o próximo ano consigamos poder levalo a cabo, xa tamén incluindo todas as actividades complementarias ao concurso de desfile e que se facían en anos anteriores, e que por mor da COVID non poden realizarse nesta edición. Insistimos, lamentamos as molestias ocasionadas a todos os veciños e veciñas de San Cibrao das Viñas.
📣 O 26 de febreiro ven a celebrar o Entroido ao noso Concello de San Cibrao das Viñas. Faremos un Concurso de disfraces individual, en parella e comparsas.
📝 REQUISITOS PARA PARTICIPAR
- Estar empadronados no Concello (as comparsas deberán estar formadas por un mínimo de 6 persoas e un máximo de 16 persoas e polo menos deberán estar empadroados a metade dos seus membros).
- Necesario indicar o nome do disfraz/comparsa no momento da inscrición.
- Obrigatoria a presenza dos disfrazados entre as 17:00 e as 17:30 horas no Polideportivo.
- Obrigatoria o uso de máscara.
- As modalidades nas que se pode participar son: comparsas, parellas-mixtas, parellas-infantís, individual infantil e individual adulto.
- A cualificación das comparsas, parellas e disfraces individuais será determinada polo Xurado do concurso, que estará formado por presidente, vogais e secretario.
- Concederanse premios segundo as distintas categorías, con cargo á partida orzamentaria por un importe máximo de 2.850€.
Aquí poderás consultar todas a bases detalladas do concurso de disfraces: BASES E CONVOCATORIA DO CONCURSO DE DISFRACES
👉 LUGAR E PRAZO DE INSCRICIÓN
Na Casa do Concello do 7 ata o 18 de febreiro.
👋 Recorda que temos nova localización. A biblioteca está no edificio propiedade do Concello en fronte á Igrexa de San Idelfonso de San Cibrao das Viñas.
O horario é de luns a venres de 10.00 a 13.30h e de 16.00 a 19.30h.