En marcha o programa de préstamo de material tecnolóxico no CEIP Seixalbo

entrega de material tecnolóxico no CEIP Seixalbo
Entrega de material tecnolóxico no CEIP Seixalbo

O concello de San Cibrao puxo en marcha en colaboración co C.E.I.P. Seixalbo un servicio de préstamo de 8 ordenadores portátiles enmarcado no Proxecto de "Material tecnolóxico nas escolas rurais" de Adercou.

Este centro académico é o centro escolar de referencia deste Concello e onde acude a maior porcentaxe dos menores que viven no termo municipal

O programa está dirixido a nenos que non dispoñan de ese medio por enfermidade ou necesidade para seguir a súa formación académica dende a casa.

Por medio deste servicio poderase: 

  • Acceder aos recursos de información de carácter académico relacionados co aprendizaxe, a docencia e a investigación dispoñibles a través de internet. 
  • Utilizar aplicacións informáticas básicas para crear, editar, ler e fardar contados de natureza académica coa finalidade de adquirir coñecementos, realizar traballos escolares ou a atención e seguimento das clases virtuais, no seu caso. 


Para máis información podes contactar directamente co CEIP Seixalbo.