📣 O concello de San Cibrao das Viñas abre o prazo para participar nun Curso de Autodefensa para mulleres ante situacións violentas. O obxectivo deste Curso é dotar as mulleres de ferramentas para a súa defensa persoal e auto capacidades para a prevención de situacións de violencia de xénero.
O que se pretende é sexan un instrumento de formación que comprenda un conxunto de coñecementos, actitudes, pautas e técnicas físicas que permitan prever, avaliar e actuar ante situacións de ameazas, riscos ou agresións.
Non se quere ensinar a pelexar. O fin é poder escapar desas situacións ilesas ou co menor dano posible, para despois utilizar as vías legais de protección e denuncia.
Trataranse así aspectos legais, psicolóxicos, estratéxicos, físicos e por suposto de prevención, xa que se entende que esta última é a que pode evitar nun momento determinado que chegue a producirse a agresión. Tamén, se amosará material de defensa do que se dispón hoxe en día para a autoprotección.
Esta actividade enmárcase dentro das actuacións que a Secretaría Xeral de Igualdade ofrece aos municipios adheridos a Rede de Entidades Locais contra a violencia de xénero.
Este Curso é monitorado por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
📝 CANDO NOS VEMOS?
🗓 Sábado 19 de febreiro de 2022.
⏰ 16:30 a 19:00h.
📍 Polideportivo de San Cibrao das Viñas.
✏ REQUISITOS:
Mulleres a partir de 16 anos que figuren empadronadas no Concello.
⏰ PRAZOS:
Podes anotarte no Concello do 1 ao 11 de febreiro.
*Ao formalizar a inscrición, cada persoa só poderá anotar a outra.
Esta actividade pode sufrir modificacións por mor da COVID-19.
APÚNTATE! As prazas son limitadas.