Ábrese a convocatoria para a presentación de solicitudes para a axuda da compra de libros e material para escolares que cursen o segundo ciclo de Educación Infantil dentro da provincia no curso 2024-2025.
A cuantía máxima a subvencionar establécese en 145 euros.
Prazo de presentación: Do 7 de agosto ao 29 de setembro (incluído)
Requisitos xerais:
- O solicitante (pai, nai ou titor) do neno/a debe estar empadroado no concello de San Cibrao das Viñas cunha antigüedade previa dun ano á data da convocatoria da axuda.
- Ter presentada a solicitude e a documentación requerida.
- R.P.C. anual das familias ás que se lles concede a axuda, non poderá exceder duns ingresos netos de 7.200€ por membro familiar ao ano.
- Estar ao corrente coas obrigas tributarias coa AEAT, ATRIGA e da Seguridade Social, así como dos impostos municipais. O pago destes últimos será comprobado de oficio polo Concello.
Toda a documentación necesaria atópase detallada no procedemento "Axudas para a compra de libros e material escolar curso 2024/2025" na sede electrónica do Concello