Convocadas axudas á acollida temperá nas escolas e ao transporte

Escola Municipal Os Pequerruchos

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) n.º 177 · mércores, 4 agosto 2021, publica dúas novas axudas destinadas á acollida temperá de alumnos de centros escolares 2021 do concello de San Cibrao das Viñas e axudas para o transporte de estudantes que realicen estudos fóra da provincia de Ourense. 

Acollida temperá nas escolas: dirixida a unidades de convivencia con nenos de 3 a 16 anos, empadroados no concello de San Cibrao das Viñas, que utilicen o servizo de acollida temperá de alumnos en colexios e que cumpran os requisitos establecidos nas bases e convocatoria.

Axudas ao transporte: destinadas a financiar o transporte de estudantes entre 16 e 30 anos que estean realizando os seus estudos fóra da provincia de Ourense que cumpran os requisitos establecidos nas bases e convocatoria.

Os interesados en solicitar a axuda poden consultar a documentación a presentar na sede electrónica do Concello no portal da transparencia no apartado normativa, ordenanzas e regulamentos.