O Concello de San Cibrao das viñas organiza dous novos campamentos para este verán para os nenos e nenas do municipio:
CAMPAMENTO DE PRAIA VERÁN 2022
Por unha banda, organízase un novo Campamento de praia de verán que se levará a cabo do 23 ó 30 de xuño.
👉 A quen está dirixido?
Para nen@s nad@s entre os anos 2006 e 2013 empadroados neste concello eles ou os seus pais ou titores.
📌 Cando e onde?
Do 23 ao 30 de xuño.
Nas próximas datas comunicarase a localización do campamento.
Prezo
100 € por nen@.
📝 INSCRICIÓNS
As inscricións poderán formalizarse dende o día 23 de maio ata o día 3 de xuño (ambos os dous incluídos) de duas formas posibles:
- De maneira online a través da Sede Electrónica con certificado dixital, DNIe ou utilizando o sistema de Cl@ve PIN, sendo esta a opción máis sinxela se careces de certificado dixital.
- Presencialmente nas oficinas do Concello (planta baixa) en horario de 8:30 a 14:00 horas sendo por orde de entrada a admisión das mesmas e ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
CAMPAMENTO GALIDEPORTE SAN CIBRAO
Por outraa banda, organízase un novo campamento multideportivo nas instalacións exteriores: "Galideporte San Cibrao" que se celebrará do 4 ó 15 de xullo.
Levaranse a cabo diversas actividades deportivas: fútbol, basket, atletismo, natación, waterpolo, rugbi, senderismo, baile, xogos populares... para fomentar valores tan importantes como o respeto pola natureza, e o compañeirismo.
👉 A quen está dirixido?
Para nen@s nad@s entre os anos 2008 e 2016 empadroados neste concello eles ou os seus pais ou titores.
📌 Cando e onde?
O campamento Galideporte San Cibrado terá unha duración de dúas semanas, do 4 ao 15 de xullo en horario de 9:00 a 13:30 horas de luns a venres.
Levarase a cabo nas seguintes instalacións deportivas:
- Ponte Noalla, na cancha e piscina municipal.
- Soutopenedo no campo de fútbol e piscina municipal.
- Área recreativa da Boutureira.
- Áreas recreativas de Allariz (saída programada) sempre por grupos de idade.
📝 INSCRICIÓNS
As inscricións poderán formalizarse dende o día 23 de maio ata o día 10 de xuño (ambos os dous incluídos) de duas formas posibles:
- De maneira online a través da Sede Electrónica con certificado dixital, DNIe ou utilizando o sistema de Cl@ve PIN, sendo esta a opción máis sinxela se careces de certificado dixital.
- Presencialmente nas oficinas do Concello (planta baixa) en horario de 8:30 a 14:00 horas sendo por orde de entrada a admisión das mesmas e ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
Crearase un grupo de de Telegram cos titores para informar de todas as cuestións relativas ao desenvolvemento das actividades (protocolos, saídas, indumentaria, etc).
*Debido á situación derivada da COVID-19 esta actividade poderá sufrir modificacións.