Campamento de praia para os nenos e nenas de San Cibrao 2023

O Concello de San Cibrao das Viñas organiza un novo campamento de praia para este verán para os nenos e nenas do municipio que se levará a cabo do 22 ó 29 de xuño:

👉 A quen está dirixido?

Para nen@s nad@s entre os anos 2007 e 2014 empadroados neste Concello eles ou os seus pais ou titores.

📌 Cando e onde?

Do 22 ao 29 de xuño.

Nas próximas datas comunicarase a localización do campamento.

Prezo

100 € por nen@.

📝 INSCRICIÓNS

As inscricións poderán formalizarse dende o día 14 de abril ata o día 28 de abril (ambos os dous incluídos) de forma sinxela nesta mesma páxina enchendo os campos que estarán dispoñibles a partir das 9:00 do día 14 de abril neste mesmo apartado👇, se alguén necesitase axuda, facilitaráselle contactando co Concello.

Inscripción rematada, fora de plazo!