📣 O concello de San Cibrao das Viñas xa está preparando o Campamento deste Nadal coa colaboración da Consellería de Culturas e Deportes.
Trátase dun Campamento multicultural de tres días de duración no que se levarán a cabo diferentes actividades deportivas e culturais: xogos, teatro, aprendizaxe de primeiros auxilios, saídas ao exterior e a diversos centros...
ACTIVIDADE NO EXTERIOR Á MANZANEDA 🎿
Iremos a estación de Esquí e Bike Park de Manzaneda. Nesta saída é imprescindible vir coa equipación necesaria.
⛷ Está destinada a nenos e nenas nados entre o 2007 e o 2015 empadroados no noso Concello.
QUENDAS DAS ACTIVIDADES:
🚸 Do 27 ao 29 de decembro para os nenos e nenas nados entre 2011 ao 2015.
🚸 Do 3 ao 5 de xaneiro os nados entre 2007 e 2010.
⏰ HORARIOS:
En horario de 09:00 a 13:30h.
🤹♀ OUTRAS ACTIVIDADES:
As actividades baixo cuberto levaranse a cabo no Pabellón municipal e na Biblioteca pública.
📍 Plaza da Constitución, 1.
*As saídas programadas poderán sufrir modificacións das que informaremos con antenlación.
✏ INSCRÍBETE!
As inscricións formalizaranse no Concello entre o 📝 17 e o 26 de novembro (ambolos dous incluídos) en horario de ⏰ 08:30 a 14:00h, sendo por orde de entrada a admisión das mesmas e ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
En cada grupo admitiranse un total de 40 nenos e nenas.
Unha vez pechadas, crearase un grupo de 📲 WhatsApp con todas as inscricións para informar de todas as cuestións relativas ao desenvolvemento diario do Campamento, como protocolos sanitarios, programacións diarias, modificacións...
*As actividades queda suxeitas a situación sanitaria protocolaria do COVID-19.
Non deixes escapar esta oportunidade para que os pequenos da casa poidan desfrutar dun Nadal único.