O Soutopenedo é un club fundado na tempada 1998-1999 por veciños cunha gran tradición futbolística. Foron testemuñas de apaixonados duelos contra pobos veciños no campo da "Fopeira" con motivo das festas de Santa Ana en Vilanova.

Na tempada 1999-2000 arrinca unha escola de futbol dirixida polo adestrador José Luis F. Insuela onde un gran número de infantís do concello dan os seus primeiros pasos como futbolistas, moitos deles foron partícipes dos ascensos a segunda autonómica e posteriormente na tempada 2004-2005 á máxima categoría do futbol provincial, a primeira autonómica, con récord de imbatibilidade (840 minutos sen encaixar un gol).

Esta escola gozou de partidos en Portugal e varias estancias estivais na Escola de Futbol de Mareo do Sporting de Xixón, ademais de que dous dos seus futbolistas chegasen a formar parte do desaparecido C. D. Ourense.

O Soutopenedo C.F. xoga os seus partidos no complexo deportivo de "O Corgo" situado á beira das piscinas que están entre Vilanova e Soutopenedo, e á espera de céspede artificial, os xogadores gozan dunhas excelentes instalacións.

Equipos

  • Segunda Autonómica
  • Segunda Autonómica Xuvenil
  • Soutopenedo C. F. Veteranos

Contacto

En horarios de adestramento semanal e partidos de fin de semana.