Ruta A Un paseo pola Boutureira

6.2 Km
1h. 40'
Difícil?
Nome:
Ruta A
Percorrido:
Circular
Saída/Chegada:
Cruceiro da Boutureira
Altitude máxima:
379 metros
Altitude mínima:
215 metros
Recomendacións:
  • Pode facerse con nenos e nenas.
  • Calquera época do ano.

Descargas:

A Boutureira é un espazo natural de 184 ha. declarado de interese local. O río Barbadás dálle humidade e frescor –ao tempo que pon en funcionamento os muíños da súa beira– e xunto cun variado arboredo conforman a paisaxe típica da zona.

Comezamos na marxe leste do río, a carón do muíño. Iremos ao camiño e botaremos a andar cara a dereita. A ruta discurre en sentido contrario das agullas do reloxio.

Recomendámos preparar a andaina cos datos desta páxina. Se xa estás no lugar preme no botón "Segue a ruta no teu móbil" para ter a información paso a paso.

Ruta-A-curvas-nivel

Puntos de interese

1. Saída: Muíño de auga da Boutureira

Este muíño de corpo cuadrangular e paredes de cachotería foi construído no ano 1889 e restaurado en 2006 polo Concello de San Cibrao. 

Na zona baixa, dentro do arco, está o chamado "inferno", lugar no que podemos apreciar os rodicios, pezas que transmiten a forza da auga cara a parte superior, onde está a moa.

Os muíños foron esenciais na vida rural. Neles establecíanse variadas relacións sociais que deixaron a súa pegada en múltiples manifestacións da cultura. Pénsese nas muiñadas, nas festas nocturnas no muíño ou mesmo nas muiñeiras –composicións musicas e danzas–.

0 Km
0'

2. Aldea de Outeiro Calvo

Unha fermosa aldea tradicional que ben merece apartarse un chisco da ruta e facer un visita.

O seu nome composto indica que se trata dun terreo elevado, illado, de pouca extensión e que carece ou ten pouca vexetación. É dicir, un espazo propicio para a produción melífera e o certo é que unha persoa segue facendo os produtos baseados no mel.

1.92 Km
32'

3. Capela de San Roque

Pequena capela de estilo neoclásico, de mediados do século XII, dunha soa nave, cuberta a dúas augas. É ben reparar na espadana decorada con pequenos pináculos de bola inspirados, probablemente no barroco rural arraigado na zona.

É unha ermida adicada a un dos santos máis populares e máis queridos do país. Os veciños teimaron sempre por mellorala, mesmo picaron as paredes de cemento, descubrindo así a pedra que hoxe a recubre. En 1997 a veciñanza xuntou  cartos para reparar o teito e eliminar humidades. Tamén restauraron o altar e a talla do santo.

Ao lado da porta reparemos nos restos metálicos dunha prensa móbil para mazás (sidra) ou olivas (aceite).

4.56 Km
1h. 14'

4. Chegada: A Boutureira

E chegamos de novo ao punto de saída. Agardamos que gozarades da andaina.

Lembramos a responsabilidade que debemos ter respecto á contorna e os seres vivos. Se queres levar algo, que sexan recordos nunha cámara. Tamén que debemos ter a responsabilidade de deixar a natureza como está, que non queden pegadas do noso paso.

6.2 Km
1h. 40'