Puntos de interese

1. Saída: A Boutureira

0 Km
0'

2. Casa do Concello

Orixinalmente a Casa do Concello estaba situada no medio da vila, mais en 1986 inaugurouse o novo edificio nesta ubicación.

0 Km
0'

3. Pazo de San Cibrao

Casa soleira de San Cibrao. É unha propiedade privada que ten un uso residencial. Só se poden apreciar os seus valores desde o exterior.

0 Km
0'

4. Igrexa de San Ildefonso

A igrexa patronal dátase entre os séculos XVI e XVIII. É de estilo renacentista con portada plateresca e probablemente está asentada sobre os cimentos dunha construción romana.

A portada conta cun arco de medio punto entre pilastras talladas e con doelas decoradas con motivos xeométricos. No seu tímpano destaca unha vieira de gran dimensión. Un rosetón circular érguese por riba da porta principal crebando a uniformidade da fachada e contribuíndo ao seu dinamismo. O lintel está decorado cunhan secuencia de cabezas de anxos, con frontón clásico. Coroando o frontispicio érguese unha cruz de singular beleza.

A  torre do campanario, adosada ao lateral esquerdo, está construido en tres corpos e pode albergar oito campás,mais  na actualidade só dúas repican o son do vello aceiro.

No interior paga a pena deterse nun cristo gótico e unha inmaculada barroca ademais da cruz parroquial, peza do S. XVII, obra de Platero Isidro Montanos (1687).

0 Km
0'

5. Capela de San Roque

San Roque é o patrón de San Cibrao das Viñas, pero a capela é máis coñecida como a do Santo Cristo

No seu interior, empregado a xeito de pé do altar, consérvase un miliario.

0 Km
0'

6. Fonte Fonteboa

Moitas son as fontes que descansan nestas terras, comezando polas máis antigas ata as máis modernas, situadas e lugares estratéxicos que servían de para o regadío das fincas próximas, e en tempos para uso persoal.

0 Km
0'

7. O Condado

Punto de encontro dos arrieiros. Foi un camiño moi transitado xa que por alí pasaba o camiño que vai desde Ourense a Taboadela no Concello de Allariz. O lugar era tamén un espazo de venda de diversos produtos, por exemplo laranxas.

0 Km
0'

8. Cruce paso de arrieiros

Ademais do camiño de Taboadela por aquí pasaba o de Celanova. Tamén viña xente de Portugal.

0 Km
0'

9. Cruceiriño

Estamos en Noalla de abaixo onde podemos apreciar un modenor cruceiro –o Concello erixíuno no 2015–, composto de baral, cruz e basa. Vese desde a estrada nacional.

Os cruceiros eran elementos arquitectónicos nos cruces para librarse das almas en pena. Lembrar o mito da Santa Compaña.

0 Km
0'

10. Pazo de Noalla

Información d cartel

0 Km
0'

11. Chegada: Muiño de Castroverde

0 Km
0'