📣 O concello de San Cibrao das Viñas abre o prazo para participar en dous concursos moi especiais para conmemorar as festas de Nadal.

CONCURSO DE DECORACIÓN NAVIDEÑA 🏠

Trátase dun concurso de decoración de Nadal para todos os fogares do municipio. Imos estar na procura do que mellor teña decorado o seu exterior. Queremos innundar a nosa zona do espíritu navideño a través da decoración e a luz.

✏  REQUISITOS:

  • Estar empadroados no Concello de San Cibrao das Viñas e que realicen unha montaxe no seu balcón, xanela, porta, fachada de casa ou xardíns, sempre no exterior, na parte que dá á vía pública. Os adornos do Nadal deberán ir acompañados de iluminación.
  • Enviar dúas fotografías por concursante. Na imaxe debe verse a decoración coa iluminación con visibilidade dende a vía pública.
  • Enviar unha fotocopia do DNI do participante.
  • Todo elo debe enviarse ao correo electrónico 📧 info@sancibrao.es, onde deberá constar un título para a decoración, nome e apelidos da persoa participante, número de teléfono de contacto e enderezo postal habitual.
  • A decoración debe estar realizada dentro do termo municipal de San Cibrao das Viñas.

⏰ PRAZOS:

O prazo da presentación remata o 10 de xaneiro de 2022 ás 23:59h.

📝 RESOLUCIÓN

O fallo do xurado realizarase o 1 de febreiro de 2022 e farase público sobre as 20:00 horas do día seguinte.

Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade, orixinalidade e entusiasmo polo nadal.

Modo de valoración: A puntuación será de 5 puntos, e dividiranse da seguinte maneira:

  • Creatividade: 2 puntos.
  • Orixinalidade: 1 punto.
  • Entusiasmo polo Nadal: 2 puntos.

A selección dos gañadores será a discreción absoluta do xurado e o seu fallo será definitivo e inapelable. A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases do mesmo. A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas Bases.

🏅 PREMIOS

Concederánse catro premios:

- 1º premio 250€.

- 2º premio 200€.

- 3º premio 150€.

- 4º premio 100€,

Prepara a túa decoración de Nadal e anímate a participar! ✨🌲🎅

 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA NAVIDEÑA 📸

Buscamos as mellores fotografías destas festas de Nadal. Por fin voltamos un pouco a normalidade, polo que este Nadal ten que ser moi, moi especial. Mándanos as túas mellores fotos celebrándoo.

Haberá modalidade de adultos e infantil.

🎞 TEMÁTICA:

Fotografías relacionadas coa Festa de Nadal e os Reis. Trátase de conseguir aumentar o interese pola fotografía das nosas festas facendo partícipes a todos, obter un bo arquivo fotográfico para o goce do noso pobo.

📷 FOTOGRAFÍAS:

  • As fotografías presentadas deben de ser propiedade do participante.
  • Fotografías sen restricións de técnica.
  • Fotografías limpas, sen impresións de copyright nin outros.
  • A organización resérvase o dereito a non admitir as fotografías que, segundo o seu criterio, non cumpran coas condicións técnicas, artísticas e/ou legais esixidas polo concurso, ou que firan a sensibilidade das persoas, inciten a condutas violentas, discriminatorias ou contrarias aos usos sociais. Non se aceptarán fotografías que fosen publicadas ou exhibidas anteriormente.
  • O participante manifesta e garante que é o único titular de todos os dereitos de autor sobre a fotografía que presenta ao concurso e responsabilízase totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas fotografías presentadas. A organización presupón que o fotógrafo ten a autorización e ou permiso das persoas que aparecen nos traballos presentados, recaendo sobre o autor toda responsabilidade relacionada co dereito á intimidade.

✏  REQUISITOS:

  • Estar empadroados no Concello de San Cibrao das Viñas. O participante poderá participar cun máximo de dúas fotogradías.
  • Enviar dúas fotografías por concursante relacionadas coas festas do Nadal.
  • Xunto as imaxes, enviar fotocopia do DNI onde deberá constar nome e apelidos do participante número de teléfono de contacto e enderezo postal habitual.
  • Todo elo debe enviarse ao correo electrónico 📧 info@sancibrao.es
  • As fotografías deben ser realizadas con cámara dixital, podendo ser en branco e negro ou cor, formato JPG ou PNG, cuxo peso non sobrepase os 5 MB.

⏰ PRAZOS:

O prazo da presentación remata o 10 de xaneiro de 2022 ás 23:59h.

📝 RESOLUCIÓN

O fallo do xurado realizarase o 1 de febreiro de 2022 e farase público sobre as 20:00 horas do día seguinte.

Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade, calidade fotográfica e orixinalidade.

Modo de valoración: A puntuación será de 5 puntos, e dividiranse da seguinte maneira:

  • Creatividade: 2 puntos.
  • Calidade fotográfica: 1 punto.
  • Orixinalidade: 2 puntos.

A selección dos gañadores será a discreción absoluta do xurado e o seu fallo será definitivo e inapelable. A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases do mesmo. A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas Bases.

🏅 PREMIOS

Concederánse tres premios en modalidade de adultos e infantil:

Adultos:

- 1º premio 250€.

- 2º premio 150€.

- 3º premio 100€.

Infantil:

- 1º premio: vale de xoguetes valorado en 150€.

- 2º premio: vale de xoguetes valorado en 100€

- 3º premio: vale de xoguetes valorado en 50€.

¿Es un amante da fotografía? Pois esta é a túa oportunidade!✨🌲🎅

 

Se precisas máis información podes consultar as bases de datos completas axduntas en PDF, acudir as oficinas municipais ou chamar ao  988 38 10 34.