Outro ano máis o Concello de San Cibrao presenta os dous concursos do Nadal para dar luz e cor nestas datas.
V CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL DAS VIVENDAS DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS 🏡
É momento de encher as nosas vivendas de maxia e espírito do Nadal! 🌟 Participa no noso Concurso de Decoración de Nadal e presume da túa creatividade e amor por esta tempada.
📝 COMO PARTICIPAR:
Para participar no concurso deberán enviarse, polo menos unha fotografía da decoración por concursante, ó correo electrónico cultura@sancibrao.es.
Calquera dúbida en relación ás bases, pódense solucionar no teléfono 988381034. Poderán participar neste Concurso todos os veciños do Municipio que o desexen.
Será unha participación por vivenda e persoa.
O motivo e temática da decoración da fachada, balcón, venta… será única e exclusivamente o Nadal.
📸 TODAS AS FOTOS DAS DECORACIÓNS DEBEN CONTAR CON:
a) Indicar o Concurso no que participa.
b) Título (a casa, balcón, fiestra, fachada debe estar en San Cibrao das Viñas).
c) Nome e apelidos da persoa que a envía.
d) Número de teléfono de contacto.
e) Lugar onde se habita actualmente.
f) D.N.I (fotografía ou fotocopia).
g) Estar empadroado, ós menores de 18 anos requiriráselles autorización outorgada polo seu pai, nai ou titor legal.
h) A fotografía ten que ser actual, orixinal e inédita.
⏰ PRAZO:
O prazo de admisión finaliza o martes día 07 de xaneiro de 2025 ás 23:59 h.
🔍 RESOLUCIÓN:
Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade, orixinalidade, deseño, iluminación, tamén se valorarán os adornos de nadal feitos a man e con material reciclado.
CREATIVIDADE | 15 Puntos | 15 %
ORIXINALIDADE | 15 Puntos | 15 %
DESEÑO | 15 Puntos | 15 %
ILUMINACIÓN | 15 Puntos | 15 %
ADORNOS FEITOS A MAN | 20 Puntos | 20 %
ADORNOS DE MATERIAL RECICLADO | 20 Puntos | 20 %
TOTAL | 100 Puntos | 100%
O fallo do xurado realizarase o 23 de xaneiro de 2025 e farase público sobre ás 20:00 horas do día seguinte.
🏆 PREMIOS:
Concederanse os seguinte catro premios:
1º premio………………………………………………… 250 euros
2º premio………………………………………………….200 euros
3º premio………………………………………………….150 euros
4º premio………………………………………………….100 euros
XII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE NADAL “SAN CIBRAO EN NADAL” 📸
Volve a maxia do Nadal en imaxes! 🎁🎇 Se che apaixona a fotografía e queres mostrar como San Cibrao brilla nestas festas, este concurso é para ti! 🎉
📝 COMO PARTICIPAR:
As fotografías presentadas deben de ser orixinais, inéditas e de autoría propia da persoa que as presente:
- Permítese a edición dixital, aínda que non a manipulación, a eliminación ou o engadido de elementos alleos á imaxe captada.
- Se fose preciso para a súa impresión, poderase solicitar ós autores da imaxe que a envíen en maior resolución e noutro tipo de formato.
- As fotografías non se presentaran asinadas nin con marcas de auga.
- A organización reservase o dereito a non admitir as fotografías que, segundo o seu criterio, non cumpran coas condicións técnicas, artísticas e/ou legais esixidas polo concurso, ou que firan a sensibilidade das persoas, inciten a conductas violentas, discriminatorias ou contrarias ós usos sociais
- Non se aceptarán fotografías que foran publicadas ou exhibidas anteriormente.
- O participante manifesta e garante que é o único titular de todos os dereitos de autor sobre a fotografía que presenta ó concurso e responsabilizase totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas fotografías presentadas.
A organización presupón que o fotógrafo ten a autorización e o permiso das persoas que aparecen nos traballos presentados, recaendo sobre o autor toda a responsabilidade relacionada co dereito á intimidade.
💻 REQUISITOS:
As fotografías deben ser arquivos formatos de fotografía estándar (JPG, JPEG, PNG, BMP).
- Admitiranse fotografías en branco e negro ou cor.
- O peso do arquivo non debe pasar dun máximo de 10 Mb.
Os participantes que non cumpran con calquera dos requisitos indicados non entrarán no concurso.
📩 Para participar hai que enviar as fotografías a cultura@sancibrao.es cos seguintes datos:
a) Indicar o Concurso no que participa.
b) Nome e apelidos do concursante.
c) Dirección de correo electrónico.
d) Número de teléfono de contacto.
e) Lugar onde se habita actualmente.
f) D.N.I (fotografía ou fotocopia).
g) Estar empadroado, os menores de 18 anos requiriráselles autorización outorgada polo seu pai, nai ou titor legal.
h) A fotografía ten que ser actual, orixinal e inédita.
⏰ PRAZO:
O prazo de admisión finaliza o martes 07 de xaneiro de 2025 ás 23:59 h.
🔍 RESOLUCIÓN:
Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade, orixinalidade, temática do nadal e a calidade fotográfica.
Modo de valoración:
CREATIVIDADE | 25 PUNTOS | 25 %
ORIXINALIDADE | 25 PUNTOS | 25 %
TEMÁTICA DO NADAL | 25 PUNTOS | 25 %
CALIDADE FOTOGRÁFICA | 25 PUNTOS | 25 %
100 PUNTOS | 100 %
O fallo do xurado realizarase o 30 de xaneiro de 2025 e farase público sobre as 20:00 horas do día seguinte.
🏆 PREMIOS:
Concederanse tres premios nas modalidades infantil e adultos:
ADULTOS:
1º premio………………………………………………….250 euros
2º premio………………………………………………….150 euros
3º premio………………………………………………….100 euros
INFANTIL:
1º premio…………………………………Vale xoguetes valorado en 150 euros
2º premio…………………………………Vale xoguetes valorado en 100 euros
3º premio…………………………………Vale xoguetes valorado en 50 euros.