Documentación necesaria
Instancia solicitando a legalización, dirixida á Sr. Alcalde do Concello de San Cibrao das Viñas. Na solicitude deberán incluirse os seguintes datos:
Datos do solicitante:
- Nome.
- DNI.
- No caso de ser unha persoa xurídica a que solicite a licencia, ademais dos datos anteriormente indicados, deberá incluir o nome ou razón social da empresa solicitante.
- Enderezo exacto para notificacións (rúa, número de edificio, planta e letra do piso, nome da aldea ou cidade, código postal, email). É recomendable incluir un teléfono e/ou un enderezo electrónico de contacto.
Datos do edificio a legalizar:
- Enderezo exacto das obras (rúa, nº do edificio, planta e letra do piso, nome da aldea, cidade, código postal).
- Referencia catastral da finca ou edificio no que se realizarán as obras.
Outra documentación
Outra documentación que sería recomendable entregar sería:
- Dous exemplares do expediente de legalización, redactado por técnico competente e visado polo colexio profesional correspondente.
- Abono das taxas e impostos municipais: O abono ten que efectuarse no momento de presentar a solicitude, (2,40% do orzamento indicado).
- No caso de ser unha persoa xurídica a que solicite a licenza, copia da escritura da constitución da sociedade, na que figure o obxeto da entidade e copia da escritura do poder de representación da persoa que actúe en nome da entidade.
- No caso de tratarse dunha edificación de uso residencial (vivenda unifamiliar ou edificio de vivendas) non é preciso solicitar licencia de ocupación.
- No caso de tratarse dunha edificación de uso non residencial (terciario, industrial, agrícola, gandeiro, etc) é preciso solicitar licencia de apertura do establecemento.
Impreso da solicitude
Formulario de solicitude de legalizacion | Documento Acrobat Reader, 25KB