Documentación necesaria
Instancia solicitando licencia municipal de ocupación, dirixida á Sr. Alcalde do Concello de San Cibrao das Viñas. Na solicitude deberán incluirse os seguintes datos:
Datos do solicitante:
- Nome.
- DNI.
- No caso de ser unha persoa xurídica a que solicite a licencia, ademais dos datos anteriormente indicados, deberá incluir o nome ou razón social da empresa solicitante.
- Enderezo exacto para notificacións (rúa, número de edificio, planta e letra do piso, nome da aldea ou cidade, código postal, email). É recomendable incluir un teléfono e/ou un enderezo electrónico de contacto.
Datos do edificio:
- Enderezo exacto do edificio (rúa, nº do edificio, planta e letra do piso, nome da aldea, cidade, código postal, no caso de que as obras sexan nunha finca rústica, nº da finca e nº do polígono).
Outra documentación
- Copia da licencia de obra concedida ou datos que permitan localizala nos arquivos municipais.
- Certificado final de obra, emitido polos técnicos encargados da dirección da obra, visado polo colexio profesional correspondente.
- No caso de existir modificacións na obra respecto do proxecto aprobado, que non sexan sustanciais, planos nos que estean reflectidos os cambios, redactados polos técnicos encargados da dirección da obra e visados polo colexio profesional correspondente.
- Abono das taxas (0,05% do orzamento final da obra).
- No caso de existir modificacións sustanciais deberá solicitarse a legalización da obra presentando a documentación correspondente.
Impreso da solicitude
Formulario de solicitude de ocupación | Documento Acrobat Reader, 25KB