Descripción do trámite
Con carácter previo ao inicio da actividade ou da apertura do establecemento e, de ser o caso, para o inicio da obra ou instalación que se destine especificamente a unha actividade, os/as interesados/as presentarán ante o concello respectivo comunicación previa na cal poñerán en coñecemento da Administración municipal os seus datos identificativos e achegarán a documentación acreditativa dos requisitos exixibles para o exercicio da actividade ou para o inicio da obra e instalación.
Estarán sometidas ao trámite de comunicación previa
Todas as actividades agas:
- A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas que se desenvolvan en establecementos públicos cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.
- A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública, anexas ao establecemento.
- A celebración de espectáculos e actividades extraordinarias e, en todo caso, os que requiran a instalación de escenarios e estruturas móbiles.
- A celebración dos espectáculos públicos e actividades recreativas ou deportivas que se desenvolvan en máis dun termo municipal da comunidade autónoma, conforme o procedemento que regulamentariamente se estableza.
- A celebración dos espectáculos e festexos taurinos.
- A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica exixa a concesión de autorización.
Documentación necesaria:
- Impreso de comunicación previa debidamente cuberto.
- Impreso de acreditación técnica de actividade subscrito por técnico competente que certifique que a actividade cumpre a normativa aplicable.
- Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos.
- Declaración de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico.
- Proxecto e documentación técnica que resulte exixible segundo a natureza da actividade ou instalación.
- A autorización ou declaración ambiental que proceda.
- As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
- Se for o caso, o certificado, acta ou informe de conformidade emitido polas entidades de certificación de conformidade municipal reguladas na lei 9/2013 de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- Esquema unifilar da instalación eléctrica.
- Certificado de seguridade e solidez estrutural.
- Fotocopia da póliza de seguro de responsabilidade civil.
- Xustificante do pagamento das taxas.
Formularios:
Impreso de Comunicación previa | Documento Acrobat Reader, 190KB
Impreso de Acreditación técnica de actividade | Documento Acrobat Reader, 84KB