Comunicacions co Servicio Público de Empleo Estatal

Ante a posibilidade de que se saturen as liñas telefónicas, como xa empeza a suceder, para favorecer e axilizar, na medida do posible dentro das circunstancias que estamos a vivir, as solicitudes dos seus afiliados/as relacionadas co SEPE, prégolles a súa colaboración para que as canalicen a través de Internet.

Para información poden entrar en www.sepe.es

Para trámites deben de acceder á sé electrónica  https://sede.sepe.gob.es.

Iso facilitaría o traballo do persoal deste organismo de cara a poder resolver no menor tempo posible.

Por outro lado, os números de atención telefónica, que constitúen a segunda canle da que facer uso en caso de imposibilidade da anterior, son os seguintes de RATEL:

PARA CIDADÁNS: 988 750 598 e/ou 901 11 99 99

PARA EMPRESAS: 988 750597 e/ou 901 01 01 21