📆 Datas e horario
- Duración: do 29 de xuño ao 17 de xullo de 2026
- Horario: de luns a venres, de 9:00 a 13:30 horas
- Idades: nenos e nenas nados entre os anos 2010 e 2020
(entre 6 e 16 anos ou que cumpran os 6 anos durante o 2026) - Requisito: menores empadroados no concello ou fillos/as
de pais, nais ou titores empadroados en San Cibrao das Viñas
📍 Localizacións
As actividades levaranse a cabo nas seguintes instalacións e espazos
municipais:
- Instalacións deportivas de Pontenoalla
- Instalacións de Soutopenedo
- Área recreativa da Boutureira
Os grupos organizaranse por franxas de idade para garantir unha mellor
adaptación das actividades.
👨👩👧👦 Servizo de conciliación
O campamento contará cun servizo de conciliación para facilitar a
organización familiar:
- Mañás: de 7:30 a 9:00 horas
- Mediodía: de 13:00 a 14:30 horas
📝 Inscricións (PRAZAS ESGOTADAS)
- Prazo de inscrición: do 1 ao 15 de xuño de 2026
(ambos incluídos) - As prazas asignaranse por orde de entrada ata completar o número máximo
de participantes.
ℹ️ Información ás familias
Crearase un grupo de WhatsApp coas familias participantes para informar sobre protocolos, saídas, material necesario, avisos e desenvolvemento das actividades.