O concello de San Cibrao das Viñas organiza o primeiro campamento multideportivo en instalacións exteriores "Galideporte SanCibrao" que se celebra do 5 ó 16 de xullo.
Levaranse a cabo diversas actividades deportivas: fútbol, basket, atletismo, natación, waterpolo, rugbi, senderismo, baile, xogos populares... para fomentar valores tan importantes como o respeto pola natureza, e o compañeirismo.
Está dirixido a nenos e nenas nados entre o 2009 e 2015 empadroados neste Concello, eles ou os seus pais ou titores.
O campamento organizarase entre o 5 e o 16 de xullo de luns a venres en horario de 9 a 13:30 horas.
Levarase a cabo nas seguintes instalacións deportivas:
- Ponte Noalla, na cancha e piscina municipal.
- Soutopenedo no campo de fútbol e piscina municipal.
- Área recreativa da Boutureira.
A duración do campamento verase condicionada polo número de inscricións que se formalicen para o mesmo, organizándose nas seguintes quendas:
- Para 40 ou menos rapaces inscritos: a duración do campamento será de dúas semanas e o desenvolvemento das actividades lúdico-deportivas programadas faranse nun único grupo.
- Para máis de 40 rapaces inscritos: a duración do campamento será só dunha semana e dividirase o grupo pola metade para o desenvolvemento das actividades lúdico- deportivas.
As inscricións formalizaranse no Concello e o prazo será entre o 3 e o 28 de maio, ambos os dous inclusive, en horario de 8:30h a 14:00h, sendo a admisión por orde de entrada e ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
Posteriormente, crearase un grupo de WhatsApp con todas as inscricións para informar de tódalas cuestións relativas ó desenvolvemento diario do campamento: protocolos que se teñan que levar a cabo por mor da Covid19, lugar de desenvolvemento, programación diaria, etc.