📣 O concello de San Cibrao das Viñas xa está preparando o Campamento deste Nadal coa colaboración da Consellería de Cultura e Deportes.
Trátase dun Campamento multicultural de seis días de duración para nenos e nenas empadroados eles ou os seus pais/titores, no que se levarán a cabo diferentes actividades deportivas e culturais: xogos, teatro, aprendizaxe de primeiros auxilios, saídas ao exterior etc...
QUENDAS DAS ACTIVIDADES:
🚸 Do 23 ao 30 de decembro e do 2 ao 3 de xaneiro
Para os nenos e nenas de 6 a 14 anos.
⏰ HORARIOS DE ACTIVIDADES:
En horario de 09:00 a 13:30h.
⏰ HORARIOS DE CONCILIA:
En horario de 07:30 a 09:00h e de 13:30h a 14:30h.
🤹♀ OUTRAS ACTIVIDADES:
As actividades baixo cuberto levaranse a cabo no Pabellón Municipal (Praza da Constitución) e no Local Social do Piñeiral (Urbanización Vistas de Ourense)
*As saídas programadas poderán sufrir modificacións das que informaremos con antenlación.
✏ INSCRÍBETE!
As inscricións son individuais e deberán realizarse nesta mesma páxina web entre o 📝 1 e o 15 de decembro (ambolos dous incluídos) no formulario que se atopará 👇 máis abaixo.
Unha vez pechadas as inscripcións, crearase un grupo de 📲 WhatsApp con todas as inscricións para informar de todas as cuestións relativas ao desenvolvemento diario do Campamento, como programacións diarias, modificacións etc...