O Concello de San Cibrao das Viñas organizou un campamento de montaña na Serra do Courel para que 18 rapaces e rapazas de 9 a 14 anos disfrutasen, do 24 de xuño ao 1 de xullo, dunha experiencia singular. O deporte, a cultura, o ensino e as actividades en plena natureza ocuparon boa parte do programa desenvolvido neste enclave intercalado entre a Serra dos Ancares e a Ribeira Sacra. Os participantes practicaron kaiak, escalada, rutas en MTB, xeocaching con gps, natación en piscina, obradoiros de cestería, pan e seoloxía, e moito máis. Estas actividades tiveron lugar no Albergue Municipal de Quiroga e en diferentes emprazamentos da Serra do Courel.
Campamento 2017
Deporte, xogos e aventura en plena natureza
Imaxes 1 de 1