Para disfrutar dunha xornada agradable en A Botureira, non hai perda.
Podemos ir desde o camiño que está a continuación das piscinas municipais de Soutopenedo, ou, ben, a través de Loiro de Abaixo.
Desde o cruce de Soutopenedo está xa sinalizado o acceso a través do camiño acondicionado recentemente, nun proxecto que incluíu, ademais, a dotación de dúas áreas de estacionamento para vehículos e o empedrado do acceso a un dos muíños restaurados polo Concello de San Cibrao das Viñas.
Estas obras foron executadas a través do Plan MARCO, con fondos FEDER da Unión Europea, e cunha subvención da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.