O concello de San Cibrao das Viñas abre o prazo para a presentación de solicitudes das axudas destinadas á adquisición de libros e material escolar para o alumnado que curse o segundo ciclo de Educación Infantil.
A contía máxima da axuda será de 145 € por beneficiario/a.
? Prazo e lugar de presentación
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 1 ao 30 de setembro de 2026.
As solicitudes poderán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello ou, de forma presencial.
??? Requisitos
Para poder acceder a estas axudas, deberán cumprirse os seguintes requisitos:
- O/a solicitante (pai, nai ou titor/a do neno/a) deberá estar empadroado/a no Concello de San Cibrao das Viñas cunha antigüidade mínima dun ano á data da convocatoria.
- Ter presentada a solicitude xunto coa documentación requirida.
- Os ingresos netos anuais non poderán superar os 8.400 € por membro da unidade familiar.
- Estar ao corrente das obrigas tributarias coa AEAT, ATRIGA, Seguridade Social e Concello.
? Documentación necesaria
Á solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
- Listado de libros e material escolar indicado polo centro educativo e factura detallada da compra, na que figure como titular o pai, nai ou titor/a do solicitante.
- Certificado ou informe do centro educativo no que se especifique o curso no que está matriculado o/a alumno/a.
- Certificación de estar ao corrente no pagamento de débedas coa AEAT, ATRIGA e Seguridade Social.
- Copia do DNI/NIE en vigor do/a solicitante e copia do Libro de familia ou outra documentación que xustifique a situación familiar, se é o caso.
- Certificado de titularidade da conta bancaria do/a solicitante.
- No caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador.
- Certificado de acollemento familiar ou resolución xudicial, se procede.
- Xustificación dos ingresos do núcleo de convivencia: copia do IRPF do ano 2025 ou documento acreditativo de non estar obrigado/a a presentalo (certificado de imputacións).
? Como presentar a solicitude
As solicitudes poderán presentarse:
- Por vía electrónica, preferiblemente, a través da sede electrónica do Concello.
- Presencialmente, no Concello de San Cibrao das Viñas.
? Prazo: do 1 ao 30 de setembro de 2026.
? Recoméndase consultar previamente toda a documentación e os requisitos establecidos antes de presentar a solicitude.