Axudas de libros e material escolar para o curso 2025/2026

O Concello de San Cibrao das Viñas abre o prazo para a presentación de solicitudes das axudas destinadas á compra de libros e material escolar para alumnos e alumnas que cursen segundo ciclo de Educación Infantil.

A contía máxima da axuda establécese en 145€.


Requisitos para acceder á axuda

As persoas solicitantes deberán cumprir as seguintes condicións:

  • O solicitante (pai, nai ou titor legal) debe estar empadroado en San Cibrao das Viñas cunha antigüidade mínima dun ano na data da convocatoria.

  • Presentar a solicitude e a documentación requirida en prazo.

  • Os ingresos netos anuais por membro familiar non poderán superar os 7.200€.

  • Estar ao corrente das obrigas tributarias coa AEAT, ATRIGA, Seguridade Social e co propio Concello.


Documentación necesaria

Xunto coa solicitude, deberá achegarse:

  • Factura orixinal detallada da compra de libros e material escolar e titular da mesma, pai/nai ou titor do solicitante.

  • Certificado do centro escolar indicando o curso no que está matriculado o alumno/a.

  • Certificación de estar ao corrente de pagos coa AEAT, ATRIGA e Seguridade Social.

  • Copia do DNI/NIE vixente do solicitante e do Libro de familia ou outra documentación xustificativa da situación familiar, de ser o caso.

  • Certificado de titularidade da conta bancaria do solicitante.

  • No caso de separación ou divorcio: copia da sentenza ou convenio regulador.

  • Certificado de acollemento familiar ou resolución xudicial, se procede.

  • Xustificación de ingresos da unidade familiar: copia da declaración da renda 2024 ou certificado de imputacións no caso de non estar obrigado/a a presentala.


Lugar e prazo de presentación

As solicitudes poderán presentarse:

📅 Prazo: do 1 ao 30 de setembro de 2025.