Aula Concilia:
Realizaranse diferentes tipos de actividades nas vacacións de verán, desde o 14 de xuño ata o 10 de setembro, para aquelas familias que teñan fillos/as e que necesiten compatibilizar os seus horarios laborais e familiares.
HORARIO: Luns a venres, de 7:30 a 14:30.
IDADES: Nenos e nenas entre os 3 e 14 anos (ou que cumpran os 3 anos no 2024).
INSCRICIÓNS: Desde o 24 de maio ao 10 de xuño.
A documentación será presentada na oficina de rexistro do Concello ou a través do trámite electrónico "Solicitude de praza para aula Concilia verán 2024" na sede electrónica do Concello, dende o 24 de maio ata o 10 de xuño.
As familias daqueles nenos ou nenas que xa acoden a Aula Concilia, tan só presentarán unha nova solicitude na que indicarán os meses nos que acudirán.
As familias que desexen solicitar por primeira vez o servizo, deberán presentar a solicitude xunto coa documentación correspondente:
- Solicitude cuberta e asinada.
- Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
- Copia da tarxeta sanitaria de cada neno/a.
- Certificados da empresa, dos dous proxenitores, nos que figure o horario laboral.
- Declaración IRPF do ano 2022, de ambos proxenitores, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).
- Vida laboral de ambos proxenitores, (corpos especiais: documentación acreditativa da situación en activo, ou similar); Os autónomos deberán presentar o recibo do ultimo mes de pagamento da cota da Seguridade Social que figure como autónomo.
- No caso de familias monoparentais a acreditación correspondente.
- Convenio regulador, en caso de que os representantes da persoa menor estean separados ou divorciados
Serán requisitos imprescindibles:
Que os proxenitores se atopen en situación laboral de incompatibilidade horaria para o coidado dos seus fillos/as.
Que un dos proxenitores ou o neno/a se atopen empadroados/as no Concello de San Cibrao das Viñas.