Co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, o Concello de San Cibrao das Viñas abre o prazo de inscrición para o programa CONCILIA San Cibrao, dirixido a pais e nais que se atopen en situación de incompatibilidade horaria para o coidado dos seus fillos e fillas.
Este servizo totalmente gratuíto desenvolverase durante todo o curso 2025/2026 e está destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
As actividades realizaranse de luns a venres, en horario de 15:00h a 20:00h, ofrecendo un espazo seguro, educativo e lúdico onde os menores poderán aprender, xogar e socializar.
Para poder acceder será imprescindible que un dos proxenitores ou nenos estén empadroados no Concello.
Prazo e forma de inscrición:
As inscricións estarán abertas neste enlace sede electrónica do 18 ao 26 de agosto.
Tamén podes facelo de forma presencial no Concello.
📅 Lembra:
- Datas de inscrición: 18 a 26 de agosto
- Imprescindible que un dos proxenitores ou nenos estén empadroados no Concello.
- Horario do servizo: 15:00h – 20:00h
- Idades: de 3 a 12 anos
- Prezo: Gratuíto
💛 CONCILIA San Cibrao