Asfaltado do camiño da Xorda, en A Carballeira

Completouse o asfaltado dun tramo de máis de 200 metros.

O Concello completou o asfaltado do camiño da Xorda en A Carballeira, que cubre as necesidades de acceso para as persoas que dispoñen de parcelas e alpendres nesta zona do pobo. Realizouse nun tramo de máis de 200 metros a través dun convenio coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, que investíu 12.500 euros.