O pasado venres 16 de Abril, o pleno do concello de San Cibrao das Viñas, aprobou cos votos a favor da corporación e abstención do PSOE o plan especial de infraestruturas da AR6 no núcleo de Reboredo.
Este é o paso máis importante para o proxecto que se levará a cabo neste terreo. Tras unha extensa tramitación, o seguinte paso será iniciar o expediente para a compra dos terreos, neste caso por medio de expropiación.
Nos próximos días o Concello se porá en contacto cos propietarios das fincas para iniciar o proceso de adquisición dos terreos.
Nesta importante área destinada a dotacións para uso e disfrute de todos os veciños e veciñas, o Concello de San Cibrao ten previsto:
- A construción dun parque para os máis pequenos.
- Pista que poderá destinarse a fútbol, baloncesto...
- Un edificio de usos múltiples.
- Outro edificio destinado a construción dunha residencia de maiores.
- Ademais dun bonito paseo para que todos os veciños e veciñas, desfruten da zona
Nas imaxes da noticia poden observarse un pequeno deseño 3D do que se prevé construir.
Nelas está o antes, e dicir como está agora e o que se está comezando a deseñar para esta zona.