Ampliación do II Plan de Rescate da Xunta dirixido a Hostalaría e Autónomos afectados polas restriccións

imagen de un hotel
A Xunta propón novas axudas dirixidas a hostalaría tanto restauración como aloxamentos.

Hoxe abre o prazo para solicitar as axudas para a Hostalaría e outros pemes e autónomos afectados polas restricións e peches tales como hoteis, hostais, casas rurais e outros aloxamentos.

O primeiro programa está dotado de 12 millóns de euros destinase ao sector hostaleiro e tamén aloxamentos de toda a Comunidade Autónoma.

Destinatarios: persoas autónomas con ou sen persoal contratado, microempresas e pemes do sector hostalería afectadas polo peche conforme a normativa sanitaria. 

Enténdese por peche non poder abrir o interior do establecemento, independentemente da terraza ou servizo a domicilio ou a recoller.

Partida: 12 millóns de euros.

O prazo para presentar as solicitudes arranca hoxe e estará aberto durante un mes (23 de marzo) .

Tramitación en liña

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través de formulario dispoñible na páxina web da Xunta de Galicia. https://sede.xunta.gal.

Requisitos: 

-Ter domicilio fiscal en Galicia.

-Desenvolver a actividade nun concello galego afectado polo peche segundo os decretos e ordes publicadas dende o 4 de xaneiro de 2021.

Todos os establecementos que a soliciten deben estar ao corrente das súas obrigas tributarias, non ter pendente de pago ningunha outra débeda coa Administración Pública e someterse a actuacións de control, entre outros requisitos máis específicos. 

 

Importante: 

Poderá eximirse do requisito de estar ao corrente das obrigas tributarias no momento da solicitude da axuda sempre que: 

  • a débeda non supere o 80% da axuda solicitada
  • a persoa se comprometa a saldar as débedas no prazo de 15 días naturais desde a recepción do anticipo da axuda (unha vez satisfeita a débeda, terá que comunicalo) 

O importe ao que accederán os beneficiarios do programa de apoio ao sector da hostalaría determinarase en función da data de peche do mesmo.

Deste xeito: 

- Aqueles que tiveron que pechar as súas portas o 27 de xaneiro percibirán un total de 1.900€ ;

- Os que pecharon o día 21 de Xaneiro percibirán un total de 2.200€

- Os que resultaran afectados polo peche perimetral en dous ou máis decretos poderán percibir uns 2.700€

*Nos establecementos que den emprego a 10 ou máis persoas incrementarase a axuda en 1.000€ 

A orde publicada no DOG recolle que estas axudas concédense por cada establecemento afectado polo que os titulares que teñan máis dun negocio neste sector terán pleno dereito a solicitalas e deberase presentar nun só documento con todos os establecementos.

 

Compromisos:

- Cumprir coas medidas de publicidade da axuda e do financiamento público.

- Someterse a actuacións de control, comprobación e inspección que se determinen.

Ademais desta liña de axudas, un segundo programa destinado a outras actividades que tiveron que pechar polas restricións impostas como consecuencia da pandemia está dotado de 3 millóns de euros.

Os destinatarios son: persoas autónomas con ou sen persoal contratado, microempresas e pemes en actividades económicas diferentes da hostalería e afectadas polo peche conforme a normativa sanitaria. 

Podes ampliar información nos documento adxunto.