Actividades para os nenos no Nadal 2016

Diversión e deporte para os máis cativos.

Este Nadal 2016 organízanse as seguintes actividades para nenos. Para poder participar é necesario facer a inscrición no Concello desde o 1 ao 14 de decembro. É requisito que os nenos ou algún dos seus pais estea empadronado no Concello.

Xogos de Nadal no polideportivo

Do 26 ó 29 de decembro para nenos de 6 a 12 anos. Desde as 10:00 horas ata as 13:30 horas.

Visita a Pazolandia

O día 30 de decembro para nenos de 6 a 12 anos. Transporte gratuito.

Sairán dous autobuses: un pola zona do Polígono (Reboredo, Ponte Noalla,  Santa Cruz e Picouto- Belmonte) e outro pola zona de San Ciprián (San Cipriano, Rante e Piñeiral).

Baloncesto de Nadal

O día 3 de xaneiro ás 18:00 horas no polideportivo. Para nenos de 6 a 12 anos. Haberá agasallos para os participantes.

Chocolatada navideña

O día 23 de decembro no polideportivo a partir das 17:00 horas. É necesario recoller ticket no Concello.