Actividades Extraescolares e Deportivas Municipais Infantís (2026/2027)

O Concello de San Cibrao das Viñas abre o prazo para inscribirse na nova programación de Actividades Extraescolares e Deportivas Municipais Infantís para o curso 2026/2027.
O programa desenvolverase entre os meses de outubro e maio, ofrecendo unha ampla variedade de opcións deportivas, artísticas e educativas pensadas para promover hábitos de vida saudables, o traballo en equipo e o desenvolvemento creativo da nosa mocidade.

TODAS AS ACTIVIDADES SON GRATUÍTAS.

A continuación detallamos todas as actividades por instalación, idades, horarios e datas de comezo:

 

?️ Pavillón Municipal

Fútbol Sala

  • Nenos/as de 4 a 7 anos (ambos incluídos): luns e venres de 17:30 a 18:30h.
  • Nenos/as de 8 a 12 anos (ambos incluídos): luns e venres de 18:30 a 19:30h.
  • Inicio da actividade: 2 de outubro.

Basket

  • Nenos/as de 4 a 12 anos (ambos incluídos): martes e xoves de 18:30 a 19:30h.
  • Inicio da actividade: 1 de outubro.

Ximnasia Rítmica

  • Nenos/as de 4 a 12 anos (ambos incluídos): martes e xoves de 17:30 a 18:30h.
  • Inicio da actividade: 1 de outubro.

Patinaxe

  • Nenos/as de 6 a 12 anos (ambos incluídos): mércores de 17:30 a 18:30h.
  • Inicio da actividade: 7 de outubro.

 

⚽ Campo de Fútbol de «O Corgo» (Soutopenedo)

Fútbol Gaélico

  • Nenos/as de 4 a 12 anos (ambos incluídos): luns de 17:30 a 18:30h.
  • Inicio da actividade: 5 de outubro.

 

? Ximnasio Municipal

Baile

  • Nenos/as de 4 a 6 anos (ambos incluídos): venres de 17:00 a 17:45h.
  • Nenos/as de 7 a 10 anos (ambos incluídos): venres de 18:00 a 18:45h.
  • Nenos/as de 11 a 18 anos (ambos incluídos): venres de 19:00 a 19:45h.
  • Inicio da actividade: 2 de outubro.

 

? Local Social de O Piñeiral

Cociña Creativa

  • Nenos/as de 6 a 12 anos (ambos incluídos): mércores de 19:00 a 20:00h.
  • Inicio da actividade: 7 de outubro.

Axedrez

  • Nenos/as de 6 a 18 anos (ambos incluídos): venres de 18:00 a 19:00h.
  • Inicio da actividade: 2 de outubro.

Robótica

  • Nenos/as de 6 a 12 anos (ambos incluídos): venres de 19:00 a 20:00h.
  • Inicio da actividade: 2 de outubro.

 

? Requisitos e inscricións

  • Requisitos: Estar empadroados os nenos/as ou algún dos seus pais ou titores legais no Concello
  • Inscricións: do 1 ao 18 de setembro.

 

? Máis información

Se precisas resolver calquera dúbida ou obter máis información sobre as actividades, podes poñerte en contacto
a través do seguinte teléfono:

  • 608 275 776

Non perdas a oportunidade de formalizar a inscrición dentro do prazo establecido e asegura a túa praza para esta nova tempada escolar!