Actividades Deportivas para nenos no curso escolar 2021 / 2022

abrese o prazo de inscripcion para as escolas deportivas municipais

O Concello de San Cibrao das Viñas organiza as seguintes actividades deportivas dirixidas a nenos empadroados no Concello para o curso escolar 2021/2022.

O prazo de inscrición é do 1 ao 17 de setembro no Concello. Realizaranse as seguintes actividades no caso de que se reúna un número suficiente de participantes para o seu correcto desenvolvemento e sempre que as condicións sanitarias establecidas pola Administración o permitan:

Fútbol Sala no Polideportivo · Inicio o 4 de outubro. 

  • De 8 a 14 anos. Luns e mércores de 18 a 19h. 
  • De 4 a 7 anos. Martes e xoves de 18 a 19h. 

Zumba Kids no ximnasio de Ponte Noalla · Inicio o 1 de outubro. 

  • De 4 a 8 anos. Venres de 18 a 19h. 
  • De 9 a 14 anos. Venres de 19 a 20h. 

Basket e Minibasket no Polideportivo. Inicio o 1 de outubro. 

  • De 5 a 14 anos. Venres de 18 a 19h. 

Axedrez na Biblioteca · Inicio o 1 de outubro. 

  • De 6 a 18 anos. Venres de 18 a 19h.