O alcalde, Pedro Fernández, acompañou a delegada da Xunta, Marisol Díaz, e á directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na visita ás obras de mellora da accesibilidade e da sinalización na área recreativa de A Boutureira.
Esta intervención está enmarcada na liña de subvencións que Turismo de Galicia destinou en 2016 para a eliminación de barreiras arquitectónicas e a sinalización de recursos turísticos.
Nava Castro sinalou que esta colaboración posibilitou a construción, rehabilitación e mellora das instalacións que contribúen a optimizar os accesos e a circulación dos visitantes. Pedro Fernández destacou que “con este investimento, os visitantes a este enclave natural de San C
ibrao das Viñas tamén se beneficiaron da mellora da accesibilidade aos espazos naturais e da dotación de equipamentos, ademais da sinalización e dos paneis informativos”.