Aberto o prazo de matrícula para o curso 2021/2022 na Escola Municipal de Música de San Cibrao das Viñas. (Só novas matrículas).
📋 PRAZOS
Matriculación dende o día 5 ao 19 de setembro.
🎷 MODALIDADES
- Vento - Madeira: flauta, clarinete e saxofón.
- Percusión.
- Vento - Metal: trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba.
- Música e movemento para nenos e nenas de 4 a 6 anos.
*Horarios e días a convir cos profesores.
👉 Todos os interesados en anotarse na escola municipal de música, deberán estar empadroados eles ou algún dos seus pais, no caso de ser menores.
👉 Para formalizar a praza, deberán achegarse ás oficinas do concello e cumprimentar unha ficha de inscrición, xuntando necesariamente unha foto tipo carné.
👉 As prazas son limitadas.
* O desenvolvemento das clases quedará condicionado a que se reúna o número suficiente de rapaces/as necesario para a súa correcta realización, e en todo caso, sempre que as condicións sanitarias establecidas pola Administración nese momento o permitan.